Dez anos despois: á morte por tristura de Man

—x
Namentras esto pasaba por estas terras eu, recordo, recén cambiada a miña vida persoal, andaba disfrutando dunha grande viaxe polas terras da Suiza, alleo ao seu sufrimento, e por zonas non tan lonxanas ao lugar de nacemento de Manfred, Radolfzell am Bodensee, a carón do lago Constanza.
Cómo poden chegar a cruzarse realidades sen nin tan siquera nós alcanzar a imaxinalo…
—x

Cando cheguei hoxe ao meu tobo tiven a primeira intención de actualizar a entrada de hai unhas semanas, Dez anos despois, xa que o que hoxe me move para estar aquí é, de novo, a memoria da triste traxedia vivida en Galicia co afundimento do Prestige no ano 2002, as ondas de negro chapapote que, por eses tempos, chegaban dende o mar profundo e tinguían de loito as nosas preciosas costas; loito do que aínda non recuperamos e ferida que aínda doe de seu. Continue reading “Dez anos despois: á morte por tristura de Man”

Advertisements

Ata sempre, Fito

Levo unha boa temporada sen escribir. Recoñezo que non teño moitas ganas. Son tempos difíciles na casa e a loita contra o cancro desgasta e concentra toda a atención, aínda sendo en corpo alleo.

Sempre definín esa doenza coma unha enfermedade dura especialmente pola grande carga sentimental que leva aparellada, sobre todo no tratamento da quimioterapia. É algo que non é posible escribilo, nin describilo, só vivilo. Eu deséxovos que nunca o vivades preto. E aínda por forte que un se vexa, se crea ou máis ben se amose, para reforzar as forzas de quen o precisa, hai días nos que a realidade te amosa o verdadeiramente débil que es e o verdadeiramente débil que é a túa fortaleza. Hoxe, esta noite, estou vivindo un deses momentos. E por iso escribo estas letras.

A fonte da miña tristura de hoxe ten unha razón concreta: a nova do pasamento de Fito, o coñecido cantante e case que a personalidade do grupo A Roda. Coa única intención de renderlle un pequeno pero moi sentido homenaxe á sua figura aquí estou, compartindo a miña tristura, pero tamén compartindo contigo a súa voz e a súa música, a nosa música.

Fito, e mesmo A Roda, forman parte da miña infancia, son facianas que están grabadas na miña máis pueril memoria. Hoxe, nesa esquiniña que aínda gardo, nese neno que fun e que aínda levo dentro, despídome, con vós, del.

Ata sempre, Fito.

Galicia de loito: ao pasamento de don Isaac Díaz Pardo

De seguro que a nosa vida ten fases. De seguro que poden ser delimitadas e de seguro que alguén xa as delimitou nalgún sesudo estudio sociolóxico. O certo é que tanto me ten.

Eu, esta fase que vivo agora non me gosta nada. Xa hai algún tempo que, de cando en vez, teño que despedir, lamentablemente, a alguén, ben no ámbito cercano, familiar, deste círculo máis achegado de persoas, do que tan orgulloso me sinto, e que todos temos; ou ben dese outro círculo máis alonxado pero igual de importante no noso desenvolvemento como persoas, nova que consegue igualmente que o meu corazón entristeza pola perda de alguén a quen admiras, de quen aprendiches, a quen respectas ou incluso a quen un determinado día quixeches parecerte.

Hoxe, a triste nova para todos os medios de comunicación, da que todos falan é o pasamento de don Isaac Díaz Pardo. E se algunha palabra se repite ao falar del, esa é a de intelectual, sen partidismos, localismos, sen intereses. Só intelectual. E galego.

Hoxe eu tamén estou un pouco de loito e únome á dor do “país das marabillas”, a nosa Galicia. Únome na homenaxe ao resto da nosa terriña, ese gran proxecto seu que deixa inacabado. E velaí, quizáis, atopamos a nosa responsabilidade.

Don Isaac Díaz Pardo, DEP.

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: