Dez anos despois: á morte por tristura de Man

—x
Namentras esto pasaba por estas terras eu, recordo, recén cambiada a miña vida persoal, andaba disfrutando dunha grande viaxe polas terras da Suiza, alleo ao seu sufrimento, e por zonas non tan lonxanas ao lugar de nacemento de Manfred, Radolfzell am Bodensee, a carón do lago Constanza.
Cómo poden chegar a cruzarse realidades sen nin tan siquera nós alcanzar a imaxinalo…
—x

Cando cheguei hoxe ao meu tobo tiven a primeira intención de actualizar a entrada de hai unhas semanas, Dez anos despois, xa que o que hoxe me move para estar aquí é, de novo, a memoria da triste traxedia vivida en Galicia co afundimento do Prestige no ano 2002, as ondas de negro chapapote que, por eses tempos, chegaban dende o mar profundo e tinguían de loito as nosas preciosas costas; loito do que aínda non recuperamos e ferida que aínda doe de seu. Seguir lendo “Dez anos despois: á morte por tristura de Man”

Advertisements

Dez anos despois

Manfred Man, o alemán de Camelle
A desolación de Man, o artista alemán de Camelle, é das imaxes máis sinceras do triste desastre do Prestige.
                                                               
Imaxe tomada da web homenaxe a Man http://bit.ly/SXO0f5

Hai dez anos por estas datas -e nas sucesivas semanas- a miña cabeza e a miña vida estaba centrada en temas personais, organizando o que celebraríamos os máis achegados pouco máis dun mes despois. Hoxe, na distancia temporal, é sano e preciso recuperar algunhas das cousas vividas entón un pouco máis de lonxe, coa perspectiva que o tempo agasalla.

Hoxe lembramos, dez anos despois, a traxedia do Prestige, e cabe preguntarse se aprendimos algo. O malo non é que a probable resposta non. O malo e verdadeiramente preocupante é pensar porqué non. Certo é que se fixeron investimentos importantes en infraestructuras viarias e portuarias, que se aprobaron novas leis que melloran a seguridade marítima e que se equiparon os servizos de emerxencia para estaren preparados ante situacións coma esas pero, era iso o que tiñamos que aprender?

Mirade, hoxe, dez anos despois do Prestige, estamos nas mesmas, soio que o barco que parece afundir chamase España e o chapapote ten a dura forma de despedimentos, ERE’s, desafiuzamentos, pobreza, fame, indefensión, desigualdade…

Mirade, hoxe, coma entón, precisamos, máis que nunca, do movemento social, coma o que xurdira dende o silenzo e a impotencia dos ollos dos mariñeiros. Precisamos hoxe de novo da forza das persoas, do que somos e temos, sen cores nin bandeiras nin ideoloxías.

Hoxe, de novo, tan só coas nosas mans, núas, co noso esforzo esgotante e coa nosa solidariedade profunda, loitando todos como en aqueles días tantos fixeron con nós, remataremos por levantármonos de novo dos desastres que vivimos, orixinados de novo por malas decisións, e lograremos non só que estes tempos rematen definitivamente, senon que os que veñan sexan xustos, sociais e coherentes coma merecemos tras, verdadeiramente, termos aprendido dos nosos propios e máis recentes erros.

Hoxe, dez anos despois, cómpre agradecer de corazón a quen estivo loitando con Galicia no noso desastre. Pero hoxe tamén cómpre chamarnos e animarnos de novo a que todos esteamos en fronte deste novo desastre noso, que chamamos crise, coma entón estivemos: unánimes, firmes e rotundamente decididos.

Pois logo, imos? Imos.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: