Despedida

Rematou a lírica.
Morreu o poeta que un día soñei ser.
Matouno unha bágoa
e caeu coma folla no outono.
Xa só queda o ser vivo,
animal que abandona a tobeira
por mandato de leis alleas
á súa propia Natureza.

Graciñas pola compaña todo este tempo.