En bruto #063

Pídeme contas polo que escribo,
mais non do que malinterpretes.

 

Advertisements

En bruto #062

A loita entre corazón e cabeza
sempre ten a mesma vítima: ti. 

#EB062

En bruto #061

Tranquilidade, paciencia, serenidade.
Mesmo a revolución require tempo.

#EB061

 

En bruto #060

Grandes ditaduras, pequenas revolucións.

#EB060

En bruto #059

Desengánate: tristemente todos nos chamamos IBAN.

En bruto #058

Caprichosa realidade:
non serven razóns mais valen desculpas.

En bruto #057

Ser ese anaco de papel que flota no inodoro:
recolle todo o que lle botan sen salpicar.

En bruto #056

Loito por te protexer.
Berras para te desprotexer.
Non sorprendas no día
que non arroupe os teus soños.

En bruto #055

Confío nas túas promesas
sabendo que non as cumprirás.

Son torpe: aínda creo en ti.

[youtube:http://www.youtube.com/watch?v=dVQg-kpOTOw%5D

En bruto #054

Estarei sentado ao teu carón, preto de ti,
ata que os océanos sequen,
cunha man no corazón
e a outra, no teu ombreiro.