[17/06/2018]

No almorzo de hoxe estiven… bueno máis que por pensar, estas letras saen froito da dor.

Nestes mundos, reais e dixitais, tan reais e ferintes estes coma aqueles; un le e escoita cousas que, en fin, aguanta e asume. Mesmo cando non lle toca, ultimamente aparece o meu nome constantementen en asuntos que, en realidade, me van moi de lonxe.

En fin, palabras que se soltan pero que, ás veces, superan o aturable ou o asumible.

Nun pensamento de resignación podería chegar a afirmar que soportar según que cousas entra na nómina, forma parte do que hai que aturar cando se desenvolve, por exemplo, un traballo exposto ó público e, obviamente, é imposible satisfacer a todo o mundo. E moito máis difícil aínda é satisfacer os intereses que se albiscan de certos mundos.

Tamén podería pensar que aturar estas cousas entra no que chaman madurar, evoluír, crecer. Ou mesmo entra niso de vivir en sociedade, sociedade dixital, sociedade de “transparencias”, do fala-fala, sociedade do sóltao-que-algo-queda, sociedade capaz de gritar e esixir “a min que me respecten!” namentras pisamos a cabeza do outro só porque é outro.

Polo tanto, seguramente podería cargar tintas e queixar desta sociedade tirana.

Seguramente as cousas non terían que ser así. Seguramente non tería que estar eu tan exposto nominalmente a ese escrutinio público, ás falsas acusacións de ter cometido delitos graves (e nunca cometidos), ó desgaste e ás campañas de mentira, falsedade ou desprestixio que orquestran dende o descoñecemento e a ignorancia das realidades, principalmente profesionais, pero tamén personais.

Pero sería queixar de causas alleas: todas elas que dependen da seriedade, da madurez, do raciocinio ou do sentidiño doutros individuos que, seguramente, de teren efectivamente ese outro respecto ou educación (ou simplemente algún) non terían que estar publicando o que publican. Pero o fan e aí me poñen.

Tamén hai, por suposto, causas propias e, seguramente puiden telo evitado, sendo tan feliz coma son nese discreto terceiro e cuarto plano. Pero aí me poñen.

Anteriormente na escrita utilicei o termo traballar, TRABALLAR moi conscientemente do que escribo, moi consciente do que fago e de como o fago, sabedor de que adico o meu día verdadeiramente iso: a traballar, a producir, en positivo, en pro-activo, de xeito empático e comprometido coa miña profesión e o meu posto. E por deformación profesional, nestes tempos tan revoltos, o corpo pídeme que introduza aquí a expresión “dentro da legalidade”. Pero é tan obvio, é que é tan obvio e sobra tanto tanto tanto dicilo…

Por outra banda, máis persoal, (xa) non son dos que adica o máis mínimo tempo a polemizar, a insultar, a traizoar, a facer listas negras, a poñer cruces en cabezas, a dorar píldoras, a descalificar ás costas nos pasillos. Non, ese non é o meu estilo. Nin tan siquera son así con quen así é comigo unha e outra vez, de xeito incansable e cainita, e busca unha e outra vez unha palabra miña para devolver un insulto, un grito, un improperio, un desprezo.

Probablemente, o seu provocar mesmo podería outorgarme certo dereito ou autoridade moral para actuar contra. Pero non. Nin mesmo aínda cando a tentación chega e sinto debilidade por deixarme levar caio. Porque chega, abofé que chega! Eu non son (tan) diferente ó resto dos seres humanos (e inhumanos).

Pero, en fin, nestes días o aturable coido que chegou a cruzar unha liña que non tería que ter cruzado. Non pola campaña en concreto (que xa digo que polo de agora teño que asumir coma un dos males necesarios cos que convivo) senón por un asunto de carácter moito máis humano que, se ben non é novo e xa foi usado no pasado, non deixa de ser moi desagradable.

Desculpade a pregunta (retórica) pero, como se pode aturar que insinúen ou mesmo te acusen (en público) de estar a usar unha enfermidade para facer dano? Coido que isto non entra entre o aturable, non si? Como debo de encaixalo?

Por concretar máis, pregunto: como entender que alguén poda chegar a acusarme do-que-sexa-que-me-acuse-que-lle-fago-aproveitando-que-sofre-o-cancro cando TEÑO EU O CANCRO NA MIÑA PROPIA CASA?

Que clase de humanidade estaría a demostrar, se así fose, para con quen quero? Que clase de individuo sería?Que clase de bulto sospeitoso sería eu se non me doeran semellantes barbaridades, se non retorcera na cadeira da mala oxt… ó ler que quero aproveitarme do sufremento de calquera ou mesmo da suposta cercanía da súa morte?

Non sei, non sei realmente, que pensar, como actuar, como encaixar.

Da outra banda, que clase de individuo é quen de acusar de tal? Podería pensar que quen actúa así é porque así é. E, por tanto, sería un caso consecuecia daquilo do ladrón e a condición. Pero, que clase de mente perversa pode chegar a tal? Que clase de… ¿?

Non, non dou creto, non. De verdade, confeso que non vos sei. Supéranme humanamente estas faltas de… de todo.

Aqueles que me coñecedes de preto coñecedes de sobra e sabedes de sobra. Non teño que dicirvos nada, nin explicarvos nin nada: simplemente sabedes, sabedes o que pasamos, o que loitamos estes anos, o que custa loitar, e coma estamos a saír loitando. En fin, sabedes.

E tamén sabedes coma son eu.

O resto de individuos, enfermos e non enfermos, lectores e oíntes, escritores e falantes, escravos todos das palabras, saberán, supoño, o que fan e levan facendo todos estes anos.

Alá eles.

Porque non, non todo vale. Nesta vida, e hai tempo, non todo vale.

E eu case que aquí o deixo.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: