[01/10/2017]

No almorzo de hoxe estiven a pensar.

E co pensamento debo de recoñecervos que xa conseguistes, sociedade, entre uns e entre outros, que teña ese medo no corpo por publicar libremente catro letras nacidas dunha desfeita alma; consecuencia directa das vosas intolerancias, das vosas imposicións, das vosas falsas acusacións, das vosas advertencias e mesmo das vosas ameazas e das vosas presións.

Supoño que, se cadra, tan só é consecuencia diso de pensar. Optimista de min.

E aínda así, mesmo aínda en silencio autoimposto, sigo a tentar vivir a miña torpe vida de home simple, pretendendo voar ceibe na miña pequena gaiola e aprehendendo con cada golpe encaixado que os meus erros só os hei cometer eu e que a miña vida só a hei malvivir eu.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s