[20/08/2017]

Ayer me dolía Barcelona.
Hoy ya me duele España entera.

En Twitter, 18/08/2017

No almorzo de hoxe estiven a pensar na tolerancia.

Nestes días, tristes, moi tristes, estáse a usar moito. E teño a impresión de que non todas as veces que se estaba a usar era co xeito debido.

Por se andaba despistado, fun consultar dicionarios (RAG e RAE) para asegurarme que o que eu entendo é o que vén sendo o concepto e non ando perdido. Gostei, e xeito especial, desta acepción, a máis natural, coido, ou naturalista de todas: “Capacidade dun organismo para soportar, sen sufrir dano, algunha cousa que pode resultar daniña ou desagradable”. Tamén consultei, por certo, o seu antónimo: intolerancia.

E, por tanto, corroborei a impresión inicial. Tristemente.

Pero eu non quixera falar moito. Xa se faloi moito. Falamos, se cadra, de máis. A favor, en contra e a medias. Explicando o que non podemos ou sabemos explicar para acreditar a uns ou desacreditar a outros con verdades, mentiras e puntos medios segundo o interese do noso ego dende a comodidade do noso sofá da nosa casa de deseño vendo nun televisor de plasma de todas as pulgadas posibles o que nos queren ensinar polo sinal de pago namentras escribimos na nosa tablet de marca bebendo dun refresco de burbullas e picando eses embutidos e queixos da casa do pobo.

Pero, que hai de verdadeiro no noso ser -no noso falar, no noso actuar- de tolerancia? Somos tolerantes ou só nos dicimos tolerantes?

Pois aprendín estes días que non, non somos tolerantes, que nós somos os primeiros intolerantes. Porque, non é o maior xesto de intolerancia non tolerar o que consideramos intolerante?

E, namentras, aquí, resistindo.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s