[22/01/2017]

No almorzo de hoxe estiven a pensar en principios.

Porque este arranque de ano está sendo intenso respecto dos meus valores. Por diferentes motivos, que non veñen a conto, estes días atrás tiven que volver sobre eles e decidir con eles. E coa experiencia case que podo concordar co inmenso Groucho Marx cando dixo, seica, esa famosa frase de estes son os meus principios e, se non lle gustan, teño outros.

Pero o certo é que ese non é o meu estilo, non me sinto identificado con actitudes veleta que cambian de parecer segundo o momento e procuro, do mellor xeito que podo saber facelo, non caer nese camiño e ter personalidade propia e actuar en consecuencia. Pero tamén un aprende co paso do tempo que é moi fácil ser así e defender os seus principios cando non hai que usalos, cando non hai que defendelos, cando non hai que ser fiel a eles. Porque cando as necesidades propias (ou alleas) son opostas a eses valores comezan as dúbidas profundas e as debilidades morais. E non sendo de principios, tampouco se trata de converterse nun home de finais, que diría aquel.

Persoalmente non son un exemplo, de seguro, en case que ningunha cousa. Así me considero. Pola contra, cada vez máis trato de tomar exemplo. Tomar pequenos grandes exemplos. E nese camiño coido que é unha ocasión para tomar exemplo, antes que de Groucho, de Nucho, persoa dun círculo moito máis cercano, que dicía que “o bo de levar pantalóns é que teñen petos, un sitio marabilloso onde poder gardar os principios a salvo se fora necesario“.

E abofé, penso, ten boa razón e, ás veces, cómpre gardalos e non perdelos, cómpre non estropealos, non cambialos, para non manchalos ou desgastalos de xeito gratuíto, innecesario, e así telos sempre sempre sempre intactos, a man, en bo estado e dispostos a volveren a marcar o camiño.

Porque, si, certamente, confeso que é difícil ser un animal individual nun mundo de intereses colectivos.

Confeso tamén, por outra banda, que nestes días caín sorprendido ó descubrir a teórica influencia que Jean-Paul Sartre, as súas ideas, teñen na miña vida. Máis, seica, do que imaxinaba. E por ensinanzas do berce. Polo visto, vese que son unha persoa moito máis existencialista do que imaxinaba…

En todo caso, e pensando en principios propios, a pinga musical de hoxe é unha tan xenial coma clásica (e pode que repetida) defensa dos principios individuais frente á imposición de principios por seren do colectivo, da sociedade, dos demais.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s