[08/01/2017]

No almorzo de hoxe estiven a pensar na arrogancia.

O ser humano é un ser arrogante. Se cadra, por natureza. Se cadra, por hábito. Se cadra, por comodidade. Se cadra, por hábito.

É arrogante cando pensa que, como ser, é o único animal intelixente. É a excepción. É o elemento singular. E, coma tal, é o único que ten capacidade de discernir, de coñecer e de saber que é o bon do malo.

Por iso, chama invasores a aqueles seres vivos que, segundo el, están fora do habitual e que, as máis das veces, están pola propia acción do ser humano. E se a especie invasora fora o ser humano? E se a especie improcedente fora o ser humano? E se fora o ser humano o que está a acabar con este ecosistema conxunto chamado terra? E se fora iso demostración de falta de intelixencia?

Pero, ademáis, somos arrogantes por nós. Porque somos os que temos a crenza verdadeira, a que é certa. E a nosa crenza é superior á dos demáis. Por iso, celebramos nas rúas ás nosas crenzas con procesións e cabalgatas e protestamos e impedimos que outros celebren as súas porque non son crenzas, non son acertadas. Só son as miñas.

E somos arrogantes cando cremos que somos os únicos que temos a razón e que facemos todas as cousas ben, polo que non aceptamos crítica algunha. Dá o mesmo de quen veña, dá o mesmo de como veña e dá o mesmo do certa que sexa: non hai críticas. E resulta que mesmo das máis erradas podemos sacar cousas en limpo, cousas en serio, cousas que nos permiten crecer, mellorar, avanzar. Pero non. Porque somos arrogantes.

Pois sendo así, arrogantes todos, non temos moito que facer… ou queda alguén sen arrogancias?

Na pinga musical pensei en dúas voces que sufriron na súa pel a arrogancia dos demais pensando tamén, nunha mínima homenaxe. Pero, no camiño, cambiei de idea. Cousas. Que pasan.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s