[27/11/2016]

No almorzo de hoxe estiven a pensar na publicidade da morte pública.

Seguramente, o primeiro que cómpre detallar é ese concepto de publicidade da morte. En realidade é sinxelo: foi o que vivimos nesta semana na que se produciron, cando menos, tres novas de tres pasamentos de tres personaxes públicas que nos fixeron falar, mesmo máis do que deberiamos, da morte dos demáis. E a todos.

Nun primeiro momento, o meu pensamento inicial é que as mortes son de seres humanos que, como tales, merecen o mesmo respeto, independentemente de actos ou ideoloxías propias. Son seres humanos que, igual ca nós, teñen familia, seres queridos que a día de hoxe estarán a chorar aínda esas mortes e, vaia, coido que todos saberemos que é un trago bastante desagradable coma para que, humanamente, gardemos respecto e, se non compaña, mesmo distancia e dar a intimidade que o momento merece.

A partires de aquí xa é cando comeza o espectáculo da publicidade da morte, un espectáculo político, público e publicitario, interesado, no que participamos, dun xeito ou doutro, todos, coma actores ou coma espectadores e que, por encima de outra cousa, nos retrata máis alá da obxectividade ou da humanidade e nos define coma individuos fanáticos antes mesmo que coma seres humanos. E, por suposto, moito antes que coma persoas. E non nos decatamos nin o recoñecemos. Bravuconería da ignorancia.

A partires dese punto, polo tanto, dáse un uso parcial da morte en si mesma, dáse a dor impostada, as bágoas de xoguete, as palabras de recolleita, os abrazos de interese e as fotografías de xornal.

A propia cronoloxía dos acontecementos foi cruel e colocou de bando a bando a cada un dos bandos. Os que defendían respecto despois o perderon e os que non o tiveron despois o defendían. Todo cos ollos nos outros. E ninguén cos ollos en si mesmo. De todos os finados lembramos e lembraremos o que queremos lembrar, sexa bo, malo ou regular, mellor ou peor, político ou ladrón ou referenza ideolóxica ou poeta ou roxo ou autor de culto ou presidente ou asasino ou loitador ou defensor. O que sexa. Pero o que queramos lembrar. No noso criterio, no noso interese.

Por iso, para min, estes son momentos nos que falar menos e escoitar máis, momentos de escoitar a todos e valorar de todos. Seguramente todos seremos lembrados coas nosas luces e coas nosas sombras. E cómpre recoñecer todas elas. Todas. As dos nosos e as dos outros. Por gardar un minuto de silenzo nunha institución un morto resulta ser mellor morto nin por respectalo ou tampouco é mellor ou peor. Os feitos da súa vida, as escritas da súa vida, as decisións da súa vida foron as que foron e as interpretacións, as que nós interesadamente e individualmente damos.

E todo este fanatismo aúnda me supera máis cando o resultado destas crenzas son incidentes entre partidarios dun e doutro bando.

Eu, persoalmente non choro de xeito especial por ningunha morte mais, por suposto, tampouco celebro a morte de ninguén, nin dos meus nin dos teus. Non é o meu estilo, valga a expresión. Pero por iso mesmo non entendo as actitudes e expresións que vin estes días entre os meus propios amigos que, e o teño por orgullo, abranguen o abano ideolóxico completo. Supoño que a uns non lles debeu gostar que outros celebraran unha morte igual que a outros non lles agradaría ver coma uns celebraban outra. Era preciso?

Isto non é máis que o vello camiño da confrontación. Confrontación para perdermos todos, coma se dunha guerra se tratara, na que si, un bando resultará gañador e o outro resultará vencido, pero todos, absolutamente todos, acabaremos perdedores.

A pinga musical de hoxe, semana de lembranzas arredor da morte, cómpre reservala para preguntármonos quen quere vivir por sempre, quen ousa vivir por sempre.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s