[20/11/2016]

No almorzo de hoxe recupero un texto que publiquei nas redes sociais hai catro anos pero que, coido, segue de actualidade.

Hai dez anos por estas datas e nas sucesivas semanas, a miña cabeza estaba centrada en temas personais, organizando o que celebraríamos pouco máis dun mes despois. Hoxe, na distancia temporal, é sano e preciso recuperar algunhas cousas vividas entón un pouco máis de lonxe.

Por iso hoxe, dez anos despois do Prestige, cabe preguntarse se aprendimos algo e o malo non é que a resposta sexa probablemente que non, o malo e verdadeiramente preocupante é pensar porqué non. Certo é que se fixeron investimentos, que se aprobaron leis e que se equiparon os servizos de emerxencia pero, iso é o que tiñamos que aprender?

Mirade, hoxe, dez anos despois do Prestige, estamos nas mesmas, só que o barco que parece afundir chamase España e o chapapote ten a dura forma de desafiuzamentos, pobreza, fame, indefensión, desigualdade…

Mirade, hoxe, coma entón, precisamos do movemento social, un movemento que xurdiu dende o silenzo e a impotencia dos ollos dos mariñeiros de entón. Precisamos hoxe de novo da forza das persoas, do que somos e temos, sen cores nin bandeiras nin ideoloxías.

Hoxe, de novo, tan só coas nosas mans, núas, co noso esforzo e coa nosa solidariedade, loitando como en aqueles días tantos fixeron con nós por levantármonos dos desastres que viviamos, orixinados tamén por malas decisións, lograremos non só que estes tempos rematen, senon que os que veñan sexan xustos, sociais e coherentes tras, verdadeiramente, termos aprendido dos nosos propios e máis recentes erros.

Hoxe, dez anos despois, cómpre agradecer de corazón a quen estivo loitando con Galicia no noso desastre pero tamén chamar e animar de novo a que todos estemos agora neste novo desastre noso chamado crise coma entón estivemos todos.

Hoxe, catro anos despois destas letras (e catorce despois do día de autos) vexo que seguimos nunha situación similar, esperando o tempo no que rexurdir dende eses ollos impotentes deses mesmos mariñeiros e de aqueles que herdaron esas labouras, pero tamén dende eses ollos tamén vidrosos do nosos xoves e ancianos que ven coma o barco que hoxe afunde son eles mesmos, sen poder facer nada por evitalo, nada máis que volver chorar, volver marchar e volver morrer por dentro, primeiro, e por fóra despois.

Por iso, a pinga musical de hoxe, coa que está caendo a todos os lados de todos os muros, físicos e psicolóxicos, pasados, futuros, proxectados e anunciados, presentes e ausentes, vén tamén dende o pasado, máis atrás no tempo, mesmo ata 1.997, para recuperar unha mensaxe que segue estando rotundamente vixente.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s