[30/10/2016]

No almorzo de hoxe íame abster. Pero, finalmente, pensei. E pensei no xeito de facer as cousas.

Sempre din que non se deixa de aprender na vida. Sempre din iso da universidade da vida. Sempre din que se mellora co tempo. Sempre o din. Pero, sempre é así?

Entendo que é cousa de predisposición. E a miña, defectuosa coma o animal escribinte, está nese camiño. Un camiño que se pode chegar a refrendar no esforzo por formarse e no esforzo por facer expresamente. Dobre esforzo ou, se cadra, dobre compromiso por mellorar a diario que, do xeito que vai o devenir, parece interpretarse coma dobre xeito para ser máis detestable.

Eu, de sempre, se algo penso que son é aprendiz. Aprendiz porque, facendo contas, teño pasado máis tempo da miña vida en aulas para aprender, estudar e formarme que fóra delas. E mesmo fora delas son aprendiz. A tempo parcial, por horas, por tempadas ou estacional coma os maravillosos empleos que temos neste estado.

De estas experiencias teño sacado dúas aprendizaxes moi persoais. A primeira, aprendida do mercado laboral, que resume coma traballo ben feito o traballo cobrado. Así de simple. Iso é o que se valora, o que se busca, o que se quere e pretende. Se está ben, mal, regular, mellor ou peor non ten valor e o único valorable son os cartosde recompensa.

henryford_org

“Calidade significa facer o correcto cando ninguén está a mirar”. Henry Ford (1863-1947).

A segunda, creo que foi aprendida do meu xeito de afrontar o mercado laboral. Desta circunstancia aprendín que as cousas sempre hai que facelas, pero poden facerse de dúas formas: poden facerse ou poden facerse ben. E na diferenza, probablemente, está o que distingue ó traballador do profesional, na diferenza está o matiz do compromiso, do esforzo, da delicadeza, da seriedade, da esencia da nosa laboura productiva.

E na diferenza está tamén o respecto a nós mesmos e ós nosos, digamos, clientes, así coma o respecto polo que se fai en cada momento, a cada instante. E na diferenza, coido, está a capacidade de pasar cando ves que as cousas non están coma deberían. E dicilo, criticar, aínda de xeito construtivo (por máis que sexa inherente ó concepto), é fonte de conflitos, claro está, porque a ninguén nos gusta que nos digan que o noso choio podería facerse mellor, algo que de seguro sabemos, aínda que de seguro tamén sabemos das súas razóns, razóns que son as máis das veces as nosas propias limitacións e que, demasiadas veces, son conscientes e mesmo buscadas e intencionadas.

Onde acaba este camiño? Pois, lamentablemente, en ser o malo da oficina, do departamento, da organización, da empresa. En ser o esixente, ser o inconformista, ser o que se queixa -así dín- por queixarse -así cren- sen abrir a ollada máis alá do que se quere ver dentro do que se poda ver. E todo, tan normal.

Pois de facer as cousas ben na busca da excelencia, mesmo sacando as patas do cesto, desa necesidade ou impulso de facer algo tan distinto ó de sempre, ó que os demáis fan, da busca da perfección e da procura do éxito coido que é que xorden as xenialidades. Coma a da pinga musical que hoxe comparto con vós, un dúo, tres no escenario, que transforma o éxito nun novo éxito. Coma pouco, sorprenden coa revisión que propoñen, con dous violonchelos (e unha batería), fusión de clásico e rock ou heavy, amosando que as músicas ruidosas, en realidade, non están tan lonxanas, nin moito menos, das músicas “cultas”. Desfrutade con eles.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s