[16/10/2016]

No almorzo de hoxe estiven a pensar nos antis.

Parece que, hoxe en día, todos son antis e xa non hai pros, mesmo aínda que así se autodenominen nun exercizo de eufemismo nominal con intencións de marketing supostamente positivo. Pero (vai ser que) non.

Confeso que dos antis que máis farto estou é ese de animalistas e taurinos. Se cadra, polo lonxe que me vexo desa dualidade.

Pero tamén fartan os antis políticos: conservadores, progresistas, franquistas, republicanos, fascistas, leninistas, podemitas, socialistas e populares. Mesmo ese falso anti xenérico á política.

E, por suposto, fartan sobre maneira os antis nacidos do máis ridículo fanatismo deportivo futbolístico (perdón, que non é o mesmo, por máis que os informativos das diferentes cadeas de televisión confundan o termo deportes coa “información” de dous equipos de fútbol e xa). Son eses antis dos equipos que confrontan co noso: madridistas, barcelonistas, celtistas, deportivistas, sevillistas, béticos e demáis. E todo, polo visto, tan normal(!?).

Pero de todos todos todos os antis, os que máis me chaman a atención son o feminista, machista, hembrista, masculinista e todos eses nados do resto de visións heteropatriarcais ou homomatriarcais. E chaman a atención porque chegan, se cadra, lonxe de máis, cun control da sociedade e dos pensamentos a través das linguas e a través desas teorías do chamado linguaxe polítcamente correcta, linguaxe non sexista ou linguaxe inclusiva olvidando, as máis das veces, a linguaxe lingüísticamente correcta, esa que contempla o común (he, she & it). En fin e en todo caso, a miña, neste conto, e coma a de tantos, só é unha opinión máis.

Mais seica que, e aí é onde quería chegar, para non ser ti un anti- ou para non sufrir as persións dos antis sempre has falar o que tes que dicir que máis que o que pensas é o que din que toca e coma non fales nese camiño que din que debes xa podes ir preparando o paraugas. Pero tampouco se che ocorra falar, porque digas o que digas dixeches mal de seguro. Podes ser coma gostes ser pero has de mostrarte coma queren que te mostres para que gostes a todos, esixencia de autohipocresía, porque noutro caso e mesmo sen ser ninguén , coma saias do rego atoparás de frente ese anti- que todos teñen dentro e, no peor dos casos, mesmo pode que saia ese anti- que levas dentro e nin tan siquera eres consciente que o levas. Pero o levas.

E, polo camiño, e vendo semellante paisaxe e paisanaxe, coido que eu vou aprendendo cal é o meu anti-, que máis que un anti- seica é un a, técnicamente falando, ó que lle adico hoxe esta pinga musical.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s