[01/10/2016]

No almorzo de hoxe reflexionei sobre o cercano que vexo o espectáculo político de onte.

Eu sempre fun unha persoa activa e participativa. Seica vai en min. Dende moi pequeno fun de dar o paso ó frente sen esperar a ver se o daba acompañado ou o daba ó precipicio. Iso foi fonte de múltiples dores de cabeza… para os meus pais. E, mira ti, hoxe en día prefiro moito máis manterme nun segundo plano, traballando para.

Por exemplo, en moitas ocasións fun escollido coma delegado -ou subdelegado- da clase ó longo dos meus anos de estudos. De neno, este cargo era case que simbólico pero, cando con vinte anos es amplamente apoiado polos teus compañeiros coma representante de alumnos na universidade ou, e xa preto dos trinta anos, asumes a responsabilidade nun ciclo de formación profesional no que, entre outras cousas, xógaste un posto de traballo, empezas a pensar que algo hai máis alá do teu pulo.

De todas esas ocasións na política de entrenamento lembro algunhas de xeito significativo.

Por exemplo cando fixen frente ó profesor de Historia e ós seus lamentables métodos de ensinanza dun xeito pouco axeitado, a gritos e con certo desprezo -penso que xustificado- e mesmo humillando ó profesor -éra fácil e, probablemente, foi de xeito inconsciente- que, ó reaccionar, viu coma o resto de compañeiros de clase uníanse comigo na miña queixa e, o pobre, non soubo máis que dicir “o próximo que fale, expulso a Kiko!” -si, xa dixera antes que era fácil humillalo, non?-.

Tamén lembro as vergoñentas discusións na Xunta de Escola universitaria entre profesores que, dicían defender exactamente o mesmo e mesmo estaban de acordo entre eles pero quen non lles valía o acordo porque saiu antes de tal que de cual. Daquela asistían apenas o dez por cento deles e só cando tiñan algún interese persoal. Literalmente persoal. Coma cando chegaron ó acordo de investidura dun novo Director de escola, ata entón desaparecido da vida universitaria mesmo para dar as clases e que apareceu só para faltar ó respecto a cantos se lle puxeron por diante polo simple feito de ser el. E non parou, traizóns engadidas, ata que conqueriu o poder. Hoxe é lembrado por min coma o Director máis autoritario que por alí pasou namentras a Universidade estuda coma fusionar os inútiles Departamentos que daquela se crearon e hoxe en día son un lastre perigoso.

Máis recentemente e xa con punto máis de política de baixo nivel tiven o atrevemento de participar na xestión da miña profesión dentro do seu Colexio Oficial. Os que nos implicamos fomos para traballar dende abaixo, pouco a pouco, con ganas, por mellorar, por renovar, por apoiar. E sen máis interese que o colectivo profesional. Pero foi entón cando sufrín as artes das políticas: traizón, bloqueo, desprezo, insulto, descalificacións, ameazas e falsas denuncias das que, ainda hoxe, sufro as últimas consecuencias. Foi cando vivin que as palabras e as promesas dadas en conversas non se convertían en votos ou apoios reais e que as masas están lonxe de interesarse e implicarse polos líderes cos que concordan. Na outra banda, a desmesurada necesidade ególatra de satisfacción e locemento de quen fracasou repetidamente na avetura política no seu concello, no do lado, no seu partido, no outro… Resultado? Desaparición.

Entón, entenderedes que o que onte, antesdonte, o anterior, hoxe ou mañá e pasado mañá vimos, vemos e veremos na esquerda socialista non é nada que me sorprenda, nada quen non pase na pequena escala.

Ainda máis, pensastes cómo son as reunións de veciños da vosa comunidade, onde o que máis preocupa é a solución do noso problema? Pensastes como son as asambleas no voso traballo cheas de quedabéns facilóns? Pensastes como actúan os vosos compañeiros de traballo, esas toupeiras inútiles especialistas en facer por locer pisando por riba das cabezas dos que verdadeiramente traballan e realmente merecen o recoñecemento?

E, de verdade, seguides vendo diferente o espectáculo de onte en Ferraz (e os que haberá no resto) do que facemos nós mesmos a diario? Si, vai ser certo que temos os políticos que nos merecemos.

A pinga musical de hoxe é necesaria. O carallo foi atopala de xeito que sumara. Pero coido que o tito Rosen non defrauda nunca.Coma sempre, ollo coa letra!

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s