[25/09/2016]

No almorzo de hoxe non hai reflexión.

Porque o día de reflexión foi onte, as palabras remataron antes donte e o debate, pase o que pase, continuará mañá. Pero hoxe é día da acción, hoxe é o día no que cómpre demostrar que temos esa madurez da que tanto facemos gala nas distancias curtas para que todo o que falamos en bares, pasillos, oficinas e salóns o digamos onde hai que dicir. Vaiamos, pois, ás urnas e votemos, en conciencia e segundo se nos enche a boca o resto do ano diante dos que non teñen que soportar o noso mal entendido orgullo político.

Porque se hoxe non imos, o resto é, simplemente, palla mollada, discusións inútiles, gritos baldeiros e bágoas secas.

Na pinga musical de hoxe, unha versión peculiar, coma todas as de Steve’n’Seagulls, do “Ich will” de Ramstein, escollida, coma tantas outras veces, pola letra: quero que confíes en min, quero que creas en min, quero controlar cada latido, quero perturbar a paz, que me vexan con bos ollos, quero ver as súas mans sucumbir en aplausos. Pero venme? Enténdenme? Síntenme? Óenme? Poden oirme? Poden verme? Poden Sentirme? Non os entendo. E, para rematar, poden vernos? Poden oirnos? Poden sentirnos? Non os ententemos.

Velaí queda.

 

 

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s