[04/09/2016]

No almorzo de hoxe estiven a pensar no fracaso.

Esta historia comeza de pequeno, cando tentei aprender a nadar. Despois de anos e anos e anos e anos de clases e clases e clases e clases non fun quen de aprender e aínda hoxe é o día que non sei.

E xa comecei fracasando.

Pouco despois comecei coa miña carreira deportiva, o que non deixa de ser un eufemismo optimista. Probei co baloncesto, pero non era o meu. Facía loita greco-romana, ioga e atletismo. Pero tampouco foron. Finalmente comecei a entrenar ó balonmano e, coas miñas limitacións, fun crecendo co deporte. Xa de xoven, por non atreverme a operarme tras unhas serias lesións nos nocellos, acabei deixando a miña oportunidade deportiva.

E fracasei.

Despois, ós oito anos, quixen seguir a miña vocación. Estiven anos detrás dela, preparándome, ata que con dezaséis anos dixeron que “podía buscar un ambiente no que se atope máis e mellor realizado“. Pouco despois de que me botaran con estas palabras tan bonitiñas, deixeino definitivamente.

E, de novo, fracasei.

Foi entón cando fun á universidade a estudar unha carreira superior, desas de longo prazo, desas que as rematas por fondo, non por facilidade ou mesmo capacidade. Pero despois de seis anos, algúns éxitos e moitos golpes, planteina. E alí quedou. Máis tarde regresei á universidade, xa traballando. Comecei de novo. Precisaba demostrarme que podía. E, desta volta, por desidia, non puiden.

E fracasei dúas veces.

Comecei tamén un proxecto de vida para alcanzar iso que de pequenos nos meteron na cabeza, o que tanto nos dicían: un libro, unha árbore e un neno. E polo de agora, hoxe en día só alcancei unha de tres: a árbore, a que axudei a plantar, con todos os meus compañeiros de clase e o meu admirado profesor Ripalda cando apenas tiña doce anos. Do resto, pois por unhas cousas ou por otras, e en moita medida porque a natureza ten sido cruel, nada.

Polo que, claro está, fracasei de novo.

En resumo, hoxe en día teño que recoñecer que fracasei na miña vida. A maior parte das cousas que me propuxen, por unha cousa o por outra, por acción miña, por omisión ou por circunstancias, foron un fracaso.

Pero, son un fracasado? O certo é que non me sinto un fracasado, nin moito menos. E non o sinto porque, polo menos, tenteino. E sigo a tentalo. Unha e outra vez, tratando de querer o que fago máis que facer o que quero, tentando esquivar as cambadelas e golpes que se reciben, tentando levantar cabeza despois de cada caida, tratando de convencerme de que, no animal, hai costas ben grandes para levar todos os paus.

Polo que si, seguro: fracasei. Pero non, non son un fracasado. E con eses ánimos levanto cada vez polas mañá para loitar contra min mesmo e tantas outras cousas.

A pinga musical de hoxe custoume atopala, pero que a letra diga non te rindas, e sé ti mesmo, non te agoches e volve ós teus propios principios axudoume a decidirme por este tema, na metade do camiño de practicamente todos os estilos musicais existentes.

Advertisements

3 reflexións sobre “[04/09/2016]

  1. Estás sendo moi porfiado contigo mesmo, lembra, tentache e sigues tentando, polo qué non vexo fracaso, tan só, tentas que non sairon ben, sexa como sexa, gustoume moito leerte.

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s