[24/07/2016]

No almorzo de hoxe estiven a pensar no noso nivel de esixencia ou transixencia.

Hai algún tempiño pensaba, nun almorzo calquera, que estabamos nunha sociedade con máis medios para a liberdade de expresión que nunca e coa menor liberdade de expresión que nunca. Hoxe estiven a pensar en como nola collemos con papel de fumar (e perdoade, se cadra, a expresión).

Mirade como o vexo. En certo modo, todos sabemos o que facer…os demáis. Outra cousa é que saibamos e fagamos o que nós temos que facer. Este fenómeno de licenciados en todo e titulados en nada que sentan cátedra e sentencia en cada palabra é o que en redes sociais chamamos “cuñadismo”.

E haiche moito cuñadismo neste mundo. Tomarei coma referencia as touradas, aínda que de seguro podería escoller centos de temas e casos.

Comezo deixando claro o meu punto de partida para que ninguén se chame a engano: dáme o mesmo.
Dáme o mesmo o conto. De verdade, que non me importa. E non me vas facer cambiar de idea por máis razóns ou xustificacións que me vaias (im)poñer por diante. Coma eu non te vou facer cambiar de idea e os outros non te van facer cambiar de idea. De verdade: dáme o mesmo. Que non, que non teño interese nas touradas, nin en velas, nin en ir, nin en que as haxa, nin en que as deixe de haber, nin si son tradición, espectáculo ou deporte. Simplemente eu, en concordancia coas miñas ideas, non teño interese en ir e vou. E punto.
Quen goste de ir, que vaia. Alá el. Quen goste de non ir, que non vaia. Alá el. E punto.

O caso foi co espectáculo que houbo trala morte dun ser humano que, seica, importou a todos no momento aínda que fóra a primeira vez que oíramos o seu nome e hoxe xa nin nos acordemos del. Porque daquela:

  • uns, os que (se) chaman animalistas -pouco gosto desta denominación- encheron ríos de tinta celebrando morte a dun ser humano, exemplos de celebración que avergoñan a calquera con certo sentido do respecto;
  • outros, os que se falan de afeccionados e máis ben parecían fanáticos -coma actúan os das equipas de fútbol-, encheron os seus ríos en mostras de dor gratuíto e insultos cara aqueles que facían a celebración coma se o loito fora necesario e, entre eles,
  • os demáis, os que asistiamos con cara de sorpresa ó esperpéntico espectáculo que xurdía e, coma moito, temendo os gastos públicos que provocará en xulgados as expresións de uns e de outros ó amparo de leis promulgadas que prohíben non prohibir.

E así, tal e coma nos amosamos uns e outros neses casos, de verdade poderiamos chamarnos transixentes? Somos, certamente, unha sociedade transixente?

Transixir, coido, é ser capaz de ter unha opinión, unhas ideas, uns principios, cales foran, diferentes ós da outra persoa e permitirlle a esta exercer cos seus mesmo en contra dos nosos.

Visto o visto, de verdade credes que somos transixentes? Cando deixamos todos de transixir en prol da nosa convivencia pacífica?

En fin, a pinga musical de hoxe pona Siniestro Total, cunha canción que antes non tiña maior importancia e hoxe, “só” trinta anos despois, de seguro que hai quen a ve coma politicamente incorrecta e, de seguro, a orixe da moitos dos danos desta sociedade. (De verdade? Coido que ti lle dás a importancia…)

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s