[17/07/2016]

No almorzo de hoxe estiven a pensar en nós, as persoas.

Concretamente, nas actitudes das persoas. É posible que o que defina a nosa presenza neste mundo sexan as actitudes coas que nos afrontamos a cada instante e coas que nos relacionamos cos demáis.

Coma animais con roupa estamos cheos de grandes defectos e pequenas virtudes. Trato de ser especialmente consiciente de que posúo unha grande cantidade de defectos, centos, pode que miles. E quero pensar que me acompaña algunha virtude que, dun xeito ou doutro, tapa algún deses defectos.

Entre estas espero que se atope a capacidade de escoitar ós demáis, de atender ós seus razoamentos, ás súas razóns, Dende logo, esfórzome porque así sexa. E por modificar os meus comportamentos erráticos segundo estes poden ser dañinos ou molestos para os demáis, algo que só alcanzamos a saber coa escoita. Recoñezo que non é moito. Pero algo é, coma un cravo ardendo ó que agarrarse, raio de esperanza e leit motiv de autoesixencia constante.

Aínda así parece que non chega. Mais non sei se é por min, por un deses defectos do animal (que será) ou pola corrente que parece mover estes tempos. Porque, eu vexo, abraiado, que non chega ser e amosarse transixente. Vexo a diario que, tanto nos círculos máis pechados coma nos círculos máis abertos e públicos, o que parece pretenderse non é un recoñecemento do erro e un cambio na actitude dentro da liberdade da outra persoa, algo que coido que require algo de tempo. O que parece buscarse é a eliminación instantánea da capacidade da outra persoa para ser ela mesma, con eses os seus defectos, os seus esforzos, a súa esixencia persoal e a súa capacidade, limitada, de actuar mellor.

Vexo unha constante anulación da outra persoa en prol da imposición de criterios que, individualmente, consideramos máis axeitados, simplemente, por seren nosos.

Precisamos, parece ser, e dun instante ó seguinte, que se faga todo o que esiximos mesmo sen ter dereito nin razón para esixir, sen dereito a contra réplica e, por suposto, sen ofrecer nada a cambio. Simplemente, porque o que fai o outro, independentemente do ben ou mal que poda ser, non nos gusta, non nos parece axeitado, non nos convence, non o valoramos ou non o recoñecemos. E porque cada un de nós somos máis e mellor que o outro. Somos “mucho” nós.

Na política, na sociedade, nos traballos, nas veciñanzas, nas casas, nas familias, nas amizades; onde queda o respecto? Onde está a tolerancia? Onde o tempo de falarmos, de entendermonos, de transixir cos demáis?

Síntoo: eu non son perfecto, nin moito menos. Por máis que me esforce. Así volo recoñezo. Eu, coma ti, son un animal imperfecto, un animal con roupa que só trata de pasar por este mundo cruel do mellor xeito que sabe, pode e é capaz. E do xeito máis útil, cercano e positivo que podo para con todo aquel que se cruza no camiño da vida.

Mais, polo visto, sen éxito. Pero non por iso deixarei de tentalo, por poucas ganas que atope hoxe para facelo.

Na pinga musical de hoxe unha peza de Mecano que reflicte en tono melancólico como por mor das nosas actitudes perdémonos e nos perden.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s