[10/07/2016]

No almorzo desta mañá tiven oportunidade de pensar no camiño que levan os xornais de carácter local.

Aquí onde resido hai tres e, despois da súa lectura -tampouco ó detalle, que non hai quen ature ese castigo salvo por cuestións precisamente profesionais- acabei abraiado pola parcialidad que todos eles mostran -(ou, vaia, eu atopo).

O caso é que un deles, no seu tema central, de portada ou especial dos domingo, revisa un tema dende unha única perspectiva, a que representa un colectivo profesional interesado. E, claro, onde quedou iso de contrastar e consultar pola opinión da outra parte? E iso dos debates plurais e colectivos con diferentes sensibilidades e olladas diversas dende plantexamentos mesmo antagónicos?

Outro dos xornais é, ou peor, estase a converter na voz dunha das sensibilidades políticas da cidade. Lexítimo? Por suposto! Faltaría máis! Cada é libre de elixir a súa ideoloxía e a quen escribe pero, dese xeito, cada un elixe tamén contra quen se está a posicionar libre e conscientemente, no?

Do terceiro dos xornais é do que máis difícil teño falar. E non por bo, senon por peor. Coido que só son capaz de dicir unha cousa: cre ser a lei. E o rei. E olé.

E eu, que xoguei a ser algo parecido a xornalista -máis ben xunta letras- nunha xa lonxana época da miña vida, pregúntome: onde está o sentidiño? Onde a imparcialidade? Onde a información, cando todo parece ser opinión e opinable? E como é que aínda haxa quen se pregunte por que os medios de comunicación, e especialmente a prensa escrita, está en crise? De verdade que non o sabedes?

No agasallo musical hoxe déixovos esta impresionante colección de matices, sincronías, síncopes e armonías en cada un dos seus segundos, banda sonora desta semana que coincide co aniversario do pasamento Tele, o que fora o percusionista do grupo Triana, a quen me refiro.

Disfrutade. Boa semana.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s