[05/06/2016]

Pois si, no almorzo de hoxe volvín pensar, é o que ten ser un animal limitadiño.

E, nesta volta estaba a pensar nas próximas eleccións, que non en política. E na necesidade que podemos ter de que nos digan o que temos que facer, o que temos que pensar e o que que temos que votar. Iso hoxe, en sitios coma este, vén sendo o que chaman trender ou xerador de opinión e tendencia.

Polo que a min respecta, non gosto dese concepto e, moito menos, gostaría de selo. Se cadra é pola miña outra vida de formador polo que prefiro unha e mil veces xerar ideas, xerar pensamento, xerar conciencia, e con sentido e crítico. Eu non quero que penses coma min: eu quero que penses. E sexas ti quen de respectar a quen non pensa coma ti, coma trato de facer a diario.

Por iso é polo que non creo que haxa verdades, e menos que haxa verdades absolutas: simplemente, convén lembrar que hai outras verdades diferentes ás nosas e tanto ou mesmo máis válidas que as nosas.

Se cadra por iso é polo que sempre digo o mesmo en tempo de eleccións: o día das eleccións vai votar. Por quen gostes, pero vai votar. Na túa conciencia, pero vai votar. En conciencia, segundo o teu criterio, pero vai votar. Porque ese non pasa nada porque eu non vaia son moitos non pasa nada e, mira a ver se entón, sumando, sí que pasa. E para mostra, un exemplo visual en imaxes.

Tu voto, en blanco o viciado, ¿a quién beneficia?

E despois, pois xa ti mesmo. Ou mesma…

Na pinga musical, a metade de camiño co falado e coa denuncia social, un berro de Def Con Dos: quen será o que ten a culpa de todo?

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s