[08/05/2016]

No almorzo de hoxe estiven a pensar nos empregados públicos despois de que saíra á luz a investigación que están facendo nun concello do que pasa cos (supostos) subornos na concellaría de Urbanismo.

Grazas a estes listos -que non intelixentes- e á fomentada confusión social entre político, asesor e empregado público -que non é, nin moito menos, o mesmo- hoxe en día algúns acabamos adicando tanto esforzo e tempo ó SERVIZO ós cidadáns (así con maiúsculas) coma a ensinar o que hai detrás dese termo xenérico de función pública.

Namentras, os cidadáns esixen para o seu beneficio propio e individual e preocúpanse máis do seu beneficio particular que de cumprir coas súas propias esixencias, pasando por malos malísimos e insensibles os funcionarios que esiximos a privados que cumpran cos mínimos legais. Máis ben pola contra, trátase de poñer na punta da língua a tentación máis doce para que se relaxe a esixencia e se consigan mellores condicións para o meu.

Isto explica, coido, que a culpa das cláusulas solo, das preferentes, da crise e mesmo da morte do touro que matou a Manolete éche dos funcionarios, e todo se amaña gritándolles na cara e quitándolles os poucos cartos do seu xornal, que bastante cobran estes desagradecidos… (e mileuristas, a maoiría, coma moito.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s