[01/05/2016]

No almorzo desta mañá déuseme por pensar nas próximas eleccións xerais. Bueno, en realidade en nós, os electores. Porque, cantos de nós imos cambiar o voto o 26 de xuño respecto do que votamos o pasado 20 de decembro?

Algún? Ningún? Pouquiños, non si?

E mesmo despois desta tempada do retransmitido espectáculo das negociacións políticas, probablemente esteamos reforzados nas nosas ideas iniciais, coma se nos fixéramos máis extremistas máis fanáticos ou máis intransixentes. Máis convendidos, en linguaxe políticamente correcto.

Podería ser?

Pois ben, se os votantes imos votar por igual, ou máis ou menos, do que fixemos hai catro/cinco meses, precisamos de novas eleccións ou de novas actitudes? Ou, se cadra, precisaremos outros políticos?

Na pinga musical desta semana, un dos meus grupos de cabeceira, Barricada, que xa veredes como se deixa ver de xeito repetido por aquí.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s