[10/04/2016]

No almorzo desta mañá volvín caer nun pensamento: parece coma se viviramos en tempos nos que case que calquera pode dicir calquera cousa en tantos sitios e ante tantas xentes que nin tan siquera podemos alcanzar a medir as cantidades e, polo tanto, a incidencia ou o dano que podemos chegar a facer cunhas palabras ou, en termos de redes sociais, con cento corenta caracteres.

Por outra banda, vexo que tamén, ás primeiras de cambio, cun umbral de sensibilidade conxunta extraordinariamente baixo, saímos a censurar todo aquelo que nós, pero individualmente, polas nosas ideas ou ideoloxías, polo noso criterio ou arco do triunfo cremos que está malamente.

Logo, será que vivimos os tempos da maior capacidade para a liberdade de expresión que nunca, pero a menor liberdade para a expresión que nunca?

Eu non vos sei, pero o café está a arrefríar…

A pinga musical de hoxe vai en lembranza de don José Manuel de Tena Tena, máis coñecido coma Manolo Tena, quen viviu entre sombras e só coa súa morte os focos da actualidade puideron alumear a súa esterla, preciosas verbas de recoñecemento que dixo Rafael Escalada no seu Oldie Motel de Rock Fm. Sirva coma pequena homenaxe este man a man en vídeo con José Antonio Abellán, alma fundadora desa radio que foi Rock&Gol e agora cun novo proxecto chamado Radio 4G.

Graciñas pola música e que a terra te sexa leve.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s