Cegos

Namentras veñen
na procura de paz e de vida,
abandonados, rotos,
entre ríos de bágoas e barro;
imos nós con concertinas, en consenso,
con balas de papel oficial
e ríos de armas e bombas.

Namentras van
avergoñadas e solidarias
as mans voluntarias, ofrecidas,
ríos de sensibilidade, apoio e calor;
veñen eles, individuos de olladas de morte,
de vinganza, de pólvora, de vidas partidas,
de ríos de sangue e fogo.

Mesmos itinerarios, camiños opostos.
Cruzadas do século vinteún.
Semanas de Paixón e Guerras Santas.
Condeas de cartón,
argumentos baleiros
para conciencias cheas
de valores bursátiles e macroeconómicos.

Orellas xordas.
Bocas desencaixadas.
Ollo por ollo, todos chorando.
Cegos xa estamos.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s