Retratos da miña xente [X]: a moza

Teu sangue é tinta
e os dedos lápis
que convirten unha idea
en trazos de agarimo,
en figuras de cariño,
en debuxos de pracer,
arte rebuldeira na túa man.

Non sendo ilustradora, ilustras,
e sen ser ensinante, ensinas a ver
dende esa cativa perspectiva,
ollada transformadora
de moreas de crueldade
en volumes de creatividade,
tornadora de insensibilidades
en delicadeza doce,
conversora de inxustizas globais
na túa propia loita e sincera dor.

Desexo impuro de mortais,
es dozura e inxenuidade
combinadas en medidas perfectas,
delicadeza e enerxía
misturadas en estado óptimo,
madurez e inocencia
conxuntadas para maior gloria
de afortunados que te disfrutan,
entre copas de licor café da casa
e proxectos de futuro,
ilusións de realidade que,
sen présa, pero con firme paso,
contigo son perseguidos
e sempre, sempre
finalmente conseguidos.

Advertisements

3 reflexións sobre “Retratos da miña xente [X]: a moza

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s