Memoria de sangue

-Pero, entón, quen eran os bós? +Os meus.
[Fragmento dunha conversa no Hío]

O sangue, aínda fresco,
percorre os camiños,
hoxe negros e asfaltados,
das nosas vilas e pobos,
enchendo beiravías de fría cor vermella líquida.

A dor non ten pasado.
Nunca houbo analxesia,
a anestesia non fixo efecto
e a vinganza foi a única razón
para loitar por vivir a propia vida;
única cirurxía coñecida
coa que levantar a ollada
e alcanzar un futuro, hoxe xa presente,
entre a necesidade de esquecemento
e os desexos de cobramento
de home por home,
de pai por pai, fillo por fillo,
carne por carne e bágoa por bágoa.

Hoxe seica non ten dor o pasado
e o futuro xa non é opción,
o presente non é o que antes era
e a vinganza xa non cura.

Hoxe reivindican pagamentos
as mans de netos que non coñeceron avós,
mocidade inconsciente que loce insignias
aguiadas, violetas ou esteladas,
mercadotecnia variada
para reclamar dereitos pasados,
sen decatarse de que moi preto,
ao seu carón, na súa propia casa,
bágoas e feridas nunca pechadas
tinguen, de novo, de frío vermello líquido
as rúas das nosas terras
hoxe aínda asfaltadas e negras.

Advertisements

3 reflexións sobre “Memoria de sangue

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s