Qué dicir
cando non hai nada que poda dicir?
Qué facer
cando non hai nada que poda facer?
Qué consolar
cando non hai consolo posible?

E qué raios te poderei escribir eu
cando non hai verbas capaces de te levar
o meu cercano sentir?

Qué clase de agarimosa aperta podo achegarte
cando non hai nin ánimos,
nin achegas, nin apertas,
que agora te devolvan a esa perdida realidade
que compartías, que disfrutabas,
que vivías?

Hoxe ese pasado é unha dura e cruel,
pero sentida, emocionada e tenra
lembranza del.

E qué diaños poderei eu maldecir
que non sexa a ti,
maldita morte,
así por sempre sexas,
que de novo levas contigo
as poucas ganas que quedan de vivir?

 

A ti, Cris, e na lembranza de Sandro
[29/09/1980 – 29/03/2014].

Se queres comentar algo... adiante!

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.