Alén do silencio: presentacións

Non hai moito presentábaos aquí o Poemario Colectivo “Alén do Silencio”, proxecto que naceu da man de José Estévez, escritor lucense, quen fixo de mestre de cerimonias dixital para xuntar ao seu carón unha abraiante nómina de cerca de cento cincuenta autores, poetas e poetisas, marabilloxa xentiña, moitos deles admirados en silencio por esta personaxe que escribe aquí.

No seu proxecto había un fermoso recuncho para pequenos escribidores coma min, aficionados xuntadores de letras, capaces de ter o atrevemento suficiente por unha vez na vida -pode se cadra que mesmo a desvergoña- de participar na construcción desta obra colectiva cunha pequena escrita, e mesmo a risco de devaluar a calidade do proxecto.

Portada do libro “Alén do Silencio”, creada por Eva Xanín Navia

Por ben, ese libro xa é realidade nos prelos. Hoxe comparto aquí con vós, coa ilusión do escritor primerizo, o calendario de presentacións do libro ao longo desta nosa terra galega, coa evidente invitación para que acudades e coñezades e disfrutedes da nosa poesía.

As presentacións comezan xa esta mesma semana en Lugo e Compostela, na próxima serán en Vigo e Ourense e, coa chegada da primavera, virán pola Coruña e Mondoñedo.

De xeito máis detallado, este é o calendario de eventos previstos:

– Día 7 de marzo, ás 19 horas no LUCUS AUGUSTI , de Lugo.
Para maior información, esta linkaxe -> http://on.fb.me/1g48IlM

– Día 8 de marzo, ás 20 horas no MODUS VIVENDI, de Compostela.
Para maior información, esta linkaxe -> http://on.fb.me/1g48Hy4

– Día 14 de marzo, ás 19,30 horas no XUNTAS de Vigo.
Para maior información, esta linkaxe -> http://on.fb.me/1eKuD5g

– Día 15 de marzo, ás 19,30 horas no JAM SESSION de Ourense.
Para maior información, esta linkaxe -> http://on.fb.me/1g48LxX

– Día 20 de marzo, ás 20 horas na AC ALEXANDRE BÓVEDA de A Coruña.
Para maior información, esta linkaxe -> http://on.fb.me/1g48Mlw

– Día 22 de marzo, ás 21 horas na A VOLTIÑA de Mondoñedo.
Para maior información, esta linkaxe -> http://on.fb.me/1mPXElk

—x

Nota do autor.
Coido que moitos dos lectores desta bitácora sabedes do pouco me gusta saír á luz e que prefiro ver a realidade dende este, o meu tobo, calentiño e protexido polas paredes que me acollen, paredes que, por certo, hoxe están de feliz sétimo aniversario.
Pero tamén debo de recoñecervos que se non hai cambios, e para ledicia de algúns e responsabilidade propia, participarei no acto da Coruña e mesmo barallo a oportunidade de acompañar aos compañeiros en Vigo, terra onde me eu criei; e Ourense, terra da que é a miña “madriña” nesta aventura editorial.
Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s