Sen ti

Dis que tes forza para dicirme que fodes con outra,
que son pouca cousa para ti?

O conto, pasmón, é ao revés,
que pensas que es alguén,
que es algo,
e non es nin o lixo que pisan os meus zapatos
e nin a túa propia sombra respecta o teu vivir.

Darche as grazas por estar contigo?
Grazas dou, besta humana, polo dano que me fixeches
e as feridas que nos separaron,
que me levaron ao hospital,
que fixeron de min cadáver en vida
e que curaron a miña enfermedade
en cada gota de doce soro de liberdade.

É cuestión de tempo que volva empezar con forza,
que nada me importe que morras ou vivas,
sabendo que hai unha Xustiza que condeará o teu existir.
Entón reirei, con pena, a mesma que hoxe me dás.

Porque a miña vida non é o que ti coñeces
e queres facer dela,
a miña vida é todo o que aínda me resta por vivir,
o que aínda me resta por disfrutar:
unha ollada ao futuro, un paso forte ao fronte,
unha aperta, unha mirada amiga, un algo,
menciña para un sorriso,
un amencer que será mellor
sen ti.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s