Sociedade hipócrita [II]

Sociedade de hipócritas,
fascistas e progresistas
e derechones e comunistas,
conservadores baratos todos do seu.

Egoístas e ególatras,
veneradores de ouro sen becerros,
do seu deus dos cartos e dos mercados,
deus de pés de barro salpicado coas vidas que pisa,
aplasta, maltrata e destrúe.

Desvergoñentos que se din con vergoña
do que non ven e eles mesmos crean.
Repartidores de pobrezas alleas,
gardiáns da propia riqueza,
dadores de lixo para alimento da inhumanidade.

Prostitutas de saldo
que venden a súa escasa dignidade
nas esquinas de calquera cidade
en tendas de moda do día
para maior gloria da lista Forbes.

Cativos repugnantes
que antes de aprender a falar
xa saben que a felicidade a traen
tres vellos pedófilos dun deserto imaxinario
e un gordo borracho de roxo comercial,
conspiración relixioso-capitalista,
opio de mentes de fácil adoctrinar.

Nenos sentados en mesas de adúlteros adultos
enchidos de conversas baleiras
cheas de “éche-o-que-hai
e que-lle-imos-facer
porque sempre-foi-así
e eu-non-podo-facer-nada-para-cambialo”,
cuñadismo de xeneración espontánea
impostado para pisotear a rabia de soñadores
e evitar maiores disgustos ás familias de ben,
xérmolo innecesario de mafias baratas
ó servizo do réxime mercantil.

[…]

Acougar.
Pechar os ollos.
Inspirar.
Expirar.

En cada respiración
a ilusión morre
unha vez máis.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s