En bruto #051

En anos mozos fun de gritar.
Antes, non hai moito, era eu de falar.
Agora son de escribir pausado de cando en cando.

Levando este camiño temo chegará o tempo no que,
coma moitos me aconsellades,
comece a calar.

Entón, ese día, en silencio,
chamádeme perdedor.

Advertisements