Aprendín

Ultimamente teño aprendido algunhas cousas.

Aprendín, por exemplo, que unha curación vén sempre do traballo a longo prazo, co esforzo e o coidado no diario, por malo que se vexa o momento.

Aprendín a importancia dos pequenos pasos, tanto ou máis vitales coma os máis grandes e as máis invasivas das cirurxías.

Aprendín que para vencer non hai que desfalecer, como tampouco hai que impoñer ou esixir, senon que hai que convencer, ademáis de convencerse e estar convencido.

Aprendín que hai que manterse constante e tentalo. Onte, hoxe e mañá. Porque o que hoxe non son resultados, mañá son grandes alegrías.

Aprendín o valor dun “Me gusta“, dun pequeno comentario que simplesmente di “Ánimo“, dun “non podo facer nada por vós, pero aquí estou“, dunha ollada cercana, dun “estou contigo“, dun “estou con vós“.

Aprendín o pouco que custan as cousas que máis valen e o pouco que valen as cousas que máis cartos custan.

Aprendín que a distancia non é separación cando se quere estar preto de verdade, e que a cercanía das persoas non se mide en metros ou centímetros, senon en sentimentos.

Aprendín que o importante non é o importante, que as cousas que merecen a pena non son, precisamente, cousas, e que a vida non é vivir, senon loitar, e que é certo que acaba sendo iso que sucede namentras adicamos o noso prezado e único tempo a planificar qué facer.

Aprendín que co esforzo solitario chegas a alcanzar cotas moi altas, pero acompañado alcanzas as máis altas, que en compañía fanse as proezas máis grandes e lógranse os maiores dos éxitos inimaxinables, eses que calificariamos de heroicidades ou milagres sobrehumanas.

Aprendín que este mundo é un pequeno gran teatro no que podemos elixir entre sermos actores ou sermos espectadores. E aprendín a elixir ser actor. E activo.

En fin, neste tempo eu aprendín estas e máis cousas. Pero, por enriba de todo, neste tempo aprendín que teño que aprender aínda moito máis do que aprendín.

Advertisements

3 reflexións sobre “Aprendín

    • Bienvenida, mamá.
      Espero que te guste lo que encuentras por aquí.
      Es un honor, de verdad, que te pases por esta madriguera.
      Eres una visitante muy especial. Ven cuando quieras.
      Un beso.

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s