Non todos son

Moitos son os que aprenden
mais non todos son aprendices.
Moitos hai que ensinan
mais non todos ensinantes.
Moitos os que camiñan
mais non todos camiñantes.

Moitos son os que debuxan
mais non todos son debuxantes.
Moitos hai que toman fotos
mais non todos fotógrafos.
Moitos os que cantan
mais non todos cantantes.

Moitos son os que predican
mais non todos son predicadores.
Moitos hai que gobernan
mais non todos gobernantes.
Moitos os que viven
mais non todos vividores.

Moitos son os que aman
mais non todos son amantes.
Moitos hai que pensan
mais non todos pensadores.

E moitos, moitos, os que escribimos
mais non todos somos poetas.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s