Xa basta

Vive a túa vida.
Sé ceibe, sé libre.
Non podes vivir así.
Iso nin é vida nin é nada!

Anda, senta. Dorme. Trae.
Leva. Esperta. Levanta.
Vai. Ven. Queda quieto.
Fai o que queiras!

Corta esas guedellas.
Afeita esa barba.
Corta esa barba.
Non hai quen te vexa!

Non levantes a voz.
Non tes nada que dicir.
Escoita o que che din.
Caladiño estás moi guapo!

Pon o pantalón branco.
Pon a camisola verde.
Mete por dentro a camisa.
Viste coma un home!

Deixa de protestar.
Protesta todo o que queiras.
Non sei para qué protestas.
Ben podías oír o que che din!

Non podes seguir así.
Garda silenzo, sé sumiso.
Sé banal. Servil. Cordeiro.
Cego, xordo e desmemoriado.

Agocha a túa personalidade.
Non teñas personalidade.
Non tes voz nin voto.
Non tes nada que dicir!

Podes aforrar os folgos.
Nin te preocupes.
A ti que te importa.
Xa sei. Non mo digas!

Nin protestes nin discrepes.
Nada tes que mirar.
Nada tes que oir.
Escoita! Escoitame!!!

Nada tes que lembrar.
Olvídate.
Memoria do olvido.
Olvida a memoria!

Automatic system task running Format c:\
Drive c:\ labeled [lembranzas]
Format in process: Wait a few seconds… … … … … … … … … ..^C

Cancela, cancela.
Xa é suficiente.
Xa basta.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s