Anxo caído, fada gótica

Anxo caído. Fada gótica.
Anxo gótico que caer
quixera que caeras,
rendida nos meus brazos,
dende esa lúa prácida,
lugar onde viven as ialmas
dos seres da terra máxica
que habitan nos soños
que eu gardo para ti.

Caída, pode, pero recollida,
con agarimo e suavidade,
no doce descanso
que deixa os tormentos alonxados,
as preocupacións no horizonte,
os corazóns cheos de nós.

Transportada serás por encantamento
a ese paraíso existente
onde as cousas non son cousas,
onde a pel non é pel,
onde a vida non é vida,
senon que é o principio
do que nos queda por compartir,
onde cada día é a felicidade
de seguirmos xuntos ao seguinte amencer.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s