Haberá

Haberá seguramente verbas para escribirte no dicionario,
pero coido que non se atopan no meu vocabulario.

Haberá nun corazón moitos sentimentos que compartir,
pero non sabería por cal deles comezar.
Haberá nos beizos moitos bicos que entregar,
pero non podería decidir onde regalarchos.
Haberá moitos proxectos que emprender xuntos,
pero só o camiño nos dirá onde rematarémolos.

Haberá sempre un único milímetro de separación
entre o meu pensamento e o teu corazón,
entre a túa presenza e o meu sentimento.

Haberá de seguro un futuro incerto e cheo de ilusións
pero as negras nubes do presente non deixan que hoxe reluza.
Haberá, de seguro, mil opcións para non encher de bágoas os ollos
pero, emocionado, neste oco baleiro dun corazón ausente…
Haberá non máis que a lenta lenta espera dunha morte,
pero morte, vén xa, preciso unírmonos en corpo e alma.

Haberá mil razóns polas que hoxe debera ter escrito
con máis sentidiño que sentimento,
pero, agora éstas son, sobre todo,
palabras de necesidade, saudade, morriña
e de todo o agarimo que teño para ti.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s