Blogue do día

Este artigo vaise saír un pouco das habituais entradas que atopades neste blogue, e espero non peque de máis de egocéntrica, ou mesmo de autobombo. Espero, cando rematedes á lectura, saibades disculparme se así fora.

Pero é que hoxe teño unha pequena alegría para ser compartida con vós, que de cando en cando por este tobo pasades. E considero que non pode quedar no privado, non, cómpre facervos partícipes dela, por pequena que sexa.

O certo é que o que vos vou contar non ten nin terá valor ningún, de certo que non, estou convencido diso, pero permitídeme xuntar tres ou catro palabras enchidas de alegría e felicidade, e espallalas para que tamén chegue a vós.

Non é nada, non ten importancia, de seguro que non, pero ver que esta pequena tobeira foi seleccionada por WordPress coma un dos blogues do día hoxe, 14 de agosto do 2013 é, para o meu cativo espírito, unha pequena grande satisfacción, sendo, como son eu non máis que un minúsculo animaliño lingüístico que, de cando en cando, xoga coas verbas por estes lares e comparte con vós con máis cariño que acerto.

De verdade que non creo que teña importancia, nin trascendencia, nin representa nada, nin fará que cambie nada, por suposto. Ademáis, confeso que non teño nin idea de cómo nin porqué aparezo aí, o que de seguro é consecuencia dun procedemento informático que ten que ver máis coa matemática que coa calidade da escrita. Pero, vaia, da gusto verse aí, certamente que da gusto.

E, de seguro, se por algo é, se algo influiu nese procedemento, teño claro que sodes vós, os que por aquí pasades e detedes o voso camiñar para agasallarme co voso tempo, a vosa ollada e o voso sentimento.

Polo tanto, e a ocasión así o merece, sen ningunha dúbida: grazas!

blogue_do_dia

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s