En bruto #027 – Chíos, berros, loito.

Sexa na lembranza de oitenta lúas
e de máis vítimas de Compostela
estes inválidos pensamentos en zapatillas.

[i]
Vintecatro de xullo.
Sangue na nosa terra. Ferida na alma.

[ii]
Aínda me doe a túa dor
pretendendo que non doa tanto
o teu dano infinito.

[iii]
Todos temos un cavaco cravado,
máis grande ou máis pequeno,
da carrozaría de aquel convoi.

[iv]
Viaxar para un soño.
Vivir un pesadelo.

[v]
Soñar e espertar coa ilusión de fogos e luces de cores.
Non durmir por vivirmos un pesadelo.
Amencer de novo. Volver á loita.

[vi]
Espertei de pouco mal durmir,
longa noite de pena,
desexando que fora un pesadelo…
Mais non, seguen as imaxes,
segue a dor…

[vii]
Se soubera qué dicir, usaría palabras.
Só unha aperta agarimosa transmitiría o que quero achegar.
E non son quen.
Celtia, Eva, Carolina…
Tantas e tantos…
Forza. Ánimo.

[viii]
Nobre verba é “loito”,
dor e rexurdimento ao tempo.
Tan enxebre como a morriña de vós.

[ix]
Sentimos como galegos.
Vivimos como galegos.
Loitamos como galegos.
Solidariedade nos galegos.
Orgulloso de sermos galegos.

[x]
Remata xa o tempo do loito.
Comeza xa o tempo da loita.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s