Retratos da miña xente [IX]: a Señora

A ti, que loitas coa túa besta, na profundidade escura das limpas augas da mar, na véspera do noso día de Galiza do ano 2013.

No meu curto transcorrer por estes mundos
besta non atopei eu aínda máis fermosa,
besta tan pouco besta,
besta que tanto namorara
coa súa agochada bestialidade…

No meu devenir por estes mundos
cheos de animais con roupa
non atopei Señora que
na súa monstruosidade oculta
tan anxelical fora.

No meu noxento existir humano
non coñezo, miña Señora,
buzaca que máis gostara coñecer,
interior no que máis gostara repousar,
monstro ao que máis gostara de mirar.

A miña humanidade, a túa divinidade.
Prosa e poesía, fame,
famento do teu alimento.
Múltiple dualidade,
imperfecta personalidade.

Impulso instantáneo, desexo escrito,
non tan limpo coma os nosos ollos quixeran,
non tan suxo coma para non ser agasallado,
non tan impuro coma para ser pecado,
non tan inmaculado coma para non estar avergoñado.

—x
Triste día de loito. Longa noite de pena.
Sexa sentida lembranza das nosas vítimas de Compostela.

Galicia de loito

Advertisements

2 reflexións sobre “Retratos da miña xente [IX]: a Señora

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s