Qué eu fixen?

Acougo, non chegas!
Serenidade, non vés!
Paz, tranquilidade, quietude…
Qué eu fixen, mala vida,
para tratáresme así?

Coma fume nas mans
sorrisos chegan e marchan,
non quedan, queiman.
Qué eu fixen, demo de vida,
para castigáreseme a min?

Os días de luz non existen.
Chuvieiras e negras nubes
matan horas de ilusión.
Qué eu fixen, escura vida,
para afogáresme así?

Oficina, malquerido cárcere,
apretas constante as ás
da fada da miña liberdade.
Qué eu fixen, porca vida,
para apresáresme a min?

Nunha habitación, escondida,
bágoas e pensamentos rotos,
palabras e xestos baleiros.
Qué eu fixen, fría vida,
para morrer pendente de ti?

Paredes cheas de sombras,
debuxos de felicidade,
anacos do pasado.
Qué eu fixen, xorda vida,
para olvidáresme aquí?

Derredor moreas de voces.
Impotencia, soidade crecente,
incapacidade permanente, fracaso.
Qué eu fixen, triste vida,
para culpáresme a min?

Na alma, unha ollada.
Na multitude, unha ausencia.
Das presenzas, unha carencia.
Qué eu fixen, dime, vida,
para terme tan lonxe de ti?

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s