Retratos da miña xente [VIII]: a mociña

Pequeniña guerrilleira
de alma forte, mais derrubada,
aínda non reconstruída,
nin sequera construída.
Xuventude, delicadeza,
ollada vívida e limpa.
Decisión, enerxía
e desmotivada vida.

Negra meleniña lixeira,
aloumiñada polo vento,
lentes que protexen
de miradas de animais.
Corpiño cativeiro,
feito con doces xestos
dun artista descoñecido
e nunca ben recoñecido.

Corazón de cristal
cheo de cercanía,
de apoio e de presenza
no máis duro da viaxe.
Inxusto tempo presente!
Añorados días pasados!
Forxadores de forza e bravura,
cunha pinga de tenrura.

Os días de ledicias,
que parecen xa levados,
son só leve mostra
do futuro que te espera.
Esa delicada tatuaxe,
tres pegadas de agarimo,
tres pequenos aloumiños
de todo o meu cariño.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s