Morriña de ti

Mírote, mais non te vexo.
Véxote, mais non te atopo.
Non es a miña ruliña, nin a miña nena.
Non es ti, non, non te recoñezo.

Ollos enfermos, mortos,
espello pútrido do negro interior.
Corpo sen vida, cadáver con alma,
pesadelos constantes. Desilusións.

Soño cumplido esa imaxe de defunto?
Soño non compartido.

Esperta, muller, esperta!
Volve con nós! Renace xa!
Non esperes máis!
Non morras máis!

Deixa que os demos da túa existencia
desaparezan e marchen!
Deixa retornen aos lonxanos escuros mundos
dos que nunca deberon de saír!

E vive! Vive! Ceibe! Libre!
Alada perpetua, teño triste morriña de ti…

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s