Anduriña

Aire e gotas de choiva virxe,
ceo de nubes grises.
Terra de almas en crise
na procura de non consumirse.

Entre ceo, aire e terra;
nun recuncho, na cuberta,anduriña_mod
un niño entre a pedra
garda nova vida que medra.

Anduriña, de onde viñeches?
De onde a luz aínda cega,
de onde a luz aínda estremece,
de onde a luz aínda espera.

Curiosidade e inocencia,
mirada chea de cariño,
espíritu e paciencia,
axexando, cada noite, o niño.

Cantaban, piaban,
medraban, alí, despaciño.
Promesas que non chegaban,
fíos e arame de espiño.

Anduriña, pronto has voar
lonxe, onde o silenzo existe,
lonxe eu quixera estar,
lonxe, onde a mar non dimite.

Primavera de campos verdes,
verán de secas herbas,
outono mollado e quente,
inverno de lumes e tebras.

Almanaque de follas caídas,
do tempo marca imposible.
Dietario de follas escritas,
do tempo marca impasible.

Anduriña que outras terras alcanzaches,
cansada, na fin do camiño,
procura lembrar canto me amaches.
Non fun quen de quebrar meu destino.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s