En catro tempos

[I]

Días lonxanos.
Ilusións rotas.
Almas tristes.
Corazóns esnaquizados.
Letras silenciosas.
Desafiuzamentos personais.
Autopresións externas.
Impulsos.
Mesmo pulsos.
Sucesos adiados.
Secesións sucesivas.
Sedición insidiosa.
Desidia…

[II]

Interese…
Pleitesía sincera.
Apéndices intermitentes.
Ausencias de corpo presente.
Mesmo Insensatez.
Serenidade.
Liberdade interna.
Aloxamentos colectivos.
Verbalidades estridentes.
Peles recompostas.
Corpos sobrios.
Frustracións íntegras.
Ausencias cercanas.

[III]

Días existenciais.
Ilusións íntegras.
Almas sobrias.
Corazóns recompostos.
Verbalidades silenciosas.
Aloxamentos persoais.
Liberdade externa.
Impulsos.
Mesmo serenidade.
Sucesos presenciais.
Apéndices sucesivos.
Sedición sincera.
Consenso…

[IV]

Desidia…
Pleitesía insidiosa.
Corpos sucesivos.
Ausencias adiadas.
Mesmo insensatez.
Impulsos.
Autopresións internas.
Desafiuzamentos colectivos.
Letras estridentes.
Peles esnaquizadas.
Corpos tristes.
Frustracións reconstruídas.
Ausencias lonxanas.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s