Silenzo

Berce do acougo definitivo
da túa existencia.
Estado de ánimo 
necesario
para a felicidade.

Eterno diálogo inexpresivo
de gritos que rompen gorxas
que non din,
que non son,
que non falan.

Alimento de mentes inquedas
enchidas de sentimentos.
Espazo inexistente entre almas
físicamente inseparables.

Morte do tempo presente
escollido por xentes
que non saben,
que non queren,
que non poden.

Expresión individual
de amor colectivo.
Creación natural
de artificio baleiro.

Esperanza de sentir
a calor do amigo
que non está,
que non chega,
que non vive.

Distanza inexistente
de corazóns lonxanos.
Cercanía imperceptible
de miradas desesperadas.

Aperta agarimosa,
mensaxe imperceptible
que non roxe,
que non rompe,
que non fuxe.

Acougo e felicidade.
Sentimento. Alma.
Amor e natureza.
Corazóns. Miradas.

E silenzo.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s