Retratos da miña xente [VII]: a poetisa

No 21 de marzo, Día Mundial da Poesía.

Enches o silencio.
Énchelo de gritos silenciosos.
Rompes a neutralidade
de conciencias aletargadas.
A túa voz non é forte, ten forza.
As túas palabras, sinceras.
As túas enerxías, intensas.
A miña presenza, lonxana e latente.

Escuros e negros sentimentos,
letras puras, brancas,
nacidas da transparencia da alma,
conviven todas no teu esplendor.
A mirada, sempre axexante,
aprendedora de cada instante,
lectora de horizontes lonxanos,
de pensamentos inenarrables.

Cariño e complicidade,
ilusión e responsabilidade.
Loitadora incansable,
perdedora imperdible.
Eterna gañadora.
Infinita soñadora.
Marabillosa poetisa.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s