Podremia

Podremia.
Esparexida na rúa, na oficina,
na casa, nos corazóns,
na veciñanza.

Desenganado.
Noxo. Sodes noxentos.
Frustrado. E frustrantes.
Triste. Engaiolado. Laretas baratos.

Desenganado.
Ferido e doido.
Humillado e humillante.
Ningunenado. Apartado.

Desterrado.
Todo son vasoiradas.
Non hai máis que un podredoiro
lucindo a esgalla as súas vergoñas.

Descarados!
Vergoña. Si, vergoña. Allea.
Sociedade de fachas restauradas
e valeiras de todo contido interior.

Destruído.
As mans, atadas; os pes, cravados;
e a coinciencia, a conciencia inqueda
e inútil e esperando.

Desesperanzado.
Podres. Estamos podres.
Somos podres. Vivimos podres.
Podre felicidade podre.

Descontentos.
Sentado. Inmóbil.
Nesta absurda noite longa
xa estou canso de tanta merda.

Espertade!

Advertisements

2 reflexións sobre “Podremia

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s