Dez anos despois: á morte por tristura de Man

—x
Namentras esto pasaba por estas terras eu, recordo, recén cambiada a miña vida persoal, andaba disfrutando dunha grande viaxe polas terras da Suiza, alleo ao seu sufrimento, e por zonas non tan lonxanas ao lugar de nacemento de Manfred, Radolfzell am Bodensee, a carón do lago Constanza.
Cómo poden chegar a cruzarse realidades sen nin tan siquera nós alcanzar a imaxinalo…
—x

Cando cheguei hoxe ao meu tobo tiven a primeira intención de actualizar a entrada de hai unhas semanas, Dez anos despois, xa que o que hoxe me move para estar aquí é, de novo, a memoria da triste traxedia vivida en Galicia co afundimento do Prestige no ano 2002, as ondas de negro chapapote que, por eses tempos, chegaban dende o mar profundo e tinguían de loito as nosas preciosas costas; loito do que aínda non recuperamos e ferida que aínda doe de seu.

Hoxe traía a intención, día marcado no almanaque, de ter unha pequena lembranza de Man, de Manfred Gnädinger, o Alemán de Camelle, cunha mínima actualización no escrito, xa que hoxe é o aniversario do seu pasamento, hai xa dez anos. Si, qué rápida é a tan lenta e tan incansable velocidade do tempo!

Manfred Man, o alemán de Camelle

A desolación de man, o artista alemán de Camelle é das imaxes máis sinceras do desastre do Prestige. A imaxe foi tomada da web homenaxe a Man http://bit.ly/SXO0f5

De seguro que non é fácil demostralo, pero tamén de seguro que seremos moitos os convencidos de que Man morreu de tristura, da tristura que sentiu ao ver o que os seus ollos viron deses días; ao ver a paisaxe e o tesouro marítimo e litoral galego destruído, ferido, sanguinento; ao ver as aves arrastrarse coas súas plumaxes enchidas de mortal fuel-oil, peso extra indesexado para ás e ialmas;  ao ver como pogresivamente se ía escurecendo a marabillosa cor verde Galicia e sentir a lenta morte da súa Terra, da nosa Terra.

E de seguro tamén que, sendo a súa tristura a súa enferminade terminal, Man ensinounos a moitos qué é querer de verdade a Galicia, o país das marabillas, como el o facía, sen publicidades, sen parafernalias, sen procurar o aplauso fácil nin a rendibilidade ideolóxica. Simplemente por amor. Grazas, Man, por tan marabillosa ensinanza.

O dito: ía ter eu unha pequena e máis porsaica lembranza pero a actualidade quixo convertilo hoxe nunha desas personaxes do día e nun deses nomes que máis se deberían de repetir nos xornais desta terra galega. Tanto así que vou compartir con vós dous artigos da páxina de novas dixital de sermosgaliza.com como mostra.

O primeiro, publicado onte día 27/12/2012, explica o motivo polo que é actualidade: Man volve a súa casa. O segundo, un pouco menos festivo, de hai trece días, incide no olvido do legado deste pequeno gran home. Aquí os tedes:

As cinzas de Man regresan ao seu museo dez anos despois.
O 28 de decembro cúmprense dez anos da morte de Man, o alemán de Camelle. O seu berro silencioso, a imaxe de dor do artista que vivía na Costa da Morte á beira do mar converteuse en icona do drama polo desastre do Prestige. A unha década da súa morte, os restos de Man regresan ao seu museo, un espazo destruído no que continúa a súa memoria.

O legado de Man esmorece dez anos despois
A morte de Man, o alemán de Camelle, bateu en todas as conciencias no momento álxido da invasión do chapapote na Costa da Morte. A lenda convertíase en símbolo da desolación diante do atentado do Prestige. Acubillada coa enerxía de entón, naceu a idea de protexer e difundir a súa obra a través dunha fundación creada anos despois. Cando se cumpre unha década da súa morte, o abandono é o que mellor define o estado do museo que el creara ao ar libre.

Quede dito entón, queden referidas as dúas entradas, e sexan estas torpes palabras a miña pequena e sentida homenaxe en lembranza do Alemán de Camelle, imaxe que fala máis que o resto das miñas verbas, que escollera hai días para ilustrar o artigo orixinal, dez anos despois, e que lamentable tamén serve hoxe para lembrar con tristura que hoxe estamos coma se fora entón.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s