Recital poético en Vigo

Vós, que de algún xeito seguides este blogue, e a quen non darei agradecito nunca o apoio que amosades constantemente, en especial aqueles que vos acercades dende latitudes tan lonxanas coma Corea ou América Latina, saltando a evidente barreira cultural e idiomática que ás veces nos separa; pois vós, tedes comprobado de primeira man que nos últimos tempos este espazo dixital estase a converter nun pequeno recuncho persoal de letras xuntadas en galego con boas intencións líricas.

Non son quen de chamar “poesía” ao que eu escribo, xa que non está nas miñas mans unha valoración obxectiva do que das miñas entrañas sae, e respecto muito aos poetas e poetisas, e aínda máis aos da miña terra galega. Vós, o que ides atopando aquí non son máis que son unhas cantas letras arrexuntadas en plabras que, serven para contar os meus sentimentos, coa mesma confianza coma se contan as cousas coas zapatillas da casa postas, no mesmo ambente privado que no salón e a carón dunha cheminea, ideas, ideíñas e, as veces, ideotas que pola miña testa pasan e acaban convertíndose en publicacións dixitais.

Vós, que seguides este blogue, sabedes de certo da miña admiración pola escrita poética, tanto da máis pública e recoñecida coma da máis privada e persoal. Se cadra, máis desta. E sabedes tamén da miña necesidade de, nesa confianza, compartir con vós os meus sentimentos, máis ou menos impersonais, cos que convivo. Pois ben, desculpádeme se cadra, pero hoxe esta escrita é absolutamente persoal, con nomes, con referencias, con confesións e cunha invitación final.

Mirade: confeso que vivo nunha admiración privada que profeso hai anos e que hoxe rompe a barreira do público. Hai na miña vidiña unha persoa a que non dubido en chamar poetisa en verdade. Na miña opinión, éo. Esa persoa é a que se eu fora artista e vivira, se cadra, noutros tempos, tería que chamar musa. Si, desculpade, pero vou falar hoxe da miña musa.

Ela é esa personalidade á que profeso profunda admiración, respecto, cariño, amor e tantas cousas que non caberían nunha escrita. É ese ser humano que precisas ter na cercanía, aínda habendo quilómetros de distancia. Trátase desa ialma que tes gardada esquiniña do corazón onde só sabes gardar o amor. Trátase dese ente acorpóreo que está presente nos momentos e intentos de inspiración lírica.

Esa persoíña, a miña musa, de cando en cando escribe con sangue na pluma, lágrimas no papel e o sentimento coma único lienzo. E publica e comparte con nós. Publica, coma eu fago, nun pequeno blogue que cos ollos pechados recomendo e recomendarei unha e máis mil veces. Eu, nas súas letras atopo o amor, o sentimento, a paixón, a dor, a dozura, a vida, a carraxe, e o odio ás veces, pero sempre sempre sempre atópoa a ela que así ela é.

Olian - Rochi Nóvoa

OLIAN – Poemas escuros e negros de Rochi Nóvoa
http://rochinovoavazquez.blogspot.com.es/

Ese blogue é unha das miñas referencias  literarias -non a única, perdoádeme o resto que non cito hoxe, pero prometo adicarvos aínda que sexa un parágrafo un día destes- e nestes mundos dixitais e é evidente a miña necesidade de presentárvolo e recomendárvolo: Olian. Poemas escuros e negros de Rochi Nóvoa.

Si, ela é unha desas persoas que hai nesta vida que amo e preciso amar. Desculpa, se cadra, miña nena, por facelo público así, desde xeito. E desculpade tamén os demáis por confesárvolo así, de súpeto e tan mal escrito.  Ademáis, intentando deixar á marxe a nosa relación persoal, á súa escrita cómpre amala, cómpre entendela, tan traballada, tan axeita, tan referida, tan alegórica e tan realista…. Tan intensa coma cada latexo do seu corazón e tan onírica coma cada desexo do seu mesmo corazón. Xa vedes: eu só teño verbas de admiración e respecto. E coido que non sendo todas, as expresadas xa han ser suficientes.

Neste punto da letura estarédevos a preguntar a qué ven isto, e máis aínda cando decidín darlle título coma “Recital poético en Vigo”. Pois precisamente porque ela, a miña Rochi, a vosa Rochi, a Rochi Nóvoa más lírica, esta fin de semana que ven será unha das artistas invitadas no “E-vento Artístico-Cultural” que Mingos Teixeira organiza no seu Taller de Creatividad e Imaxe da avenida da Florida 32 de Vigo.

Compartirán protagonismo coas súas palabras una exposición pictórica de Josefa Villar, outra escultórica de Pedro Dobao, un concerto de cuncas tibetanas a cargo de María Oliveira e haberá incluso un debARTE arredor do tema “Artistas ou caraduras”. Pero, de todo o que está previsto, perdoádeme tanto artistas coma organizadores coma calquera que hoxe me lea, eu teño e debo de destacar que alí vai estar a miña musa compartindo, de primeira voz, as súas letras escritas.

De seguro que non son quen, pero alí espero estar, na súa compaña, se nada se torce a miña previsión, para disfrutar da palabra escrita e declamada con garra. E se algo quixera con estas letras é, primeiro de todo, invitarvos a visitar o seu blogue e seguilo, vivir as súas escritas e, por suposto, invitarvos a ir o sábado ao evento porque se tanto a pintura coma a escultura coma a música van merecer a pena de seguro, a poesía coma todas elas xuntas. Non o dubidedes e insisto nas desculpas: coma todas elas xuntas.

O dito. Alí nos veremos. Cos pés na terra e a ialma na lúa.

PD: Esta escrita é feita, evidentemente, dende o amor que profeso e hoxe publicamente confeso á Rochi, á musa e a persoa, amor que, de seguro, non souben controlar ao xuntar estas letras. Vós, que me ledes con agarimo e tamén con sentidiño, saberedes controlalo por min. Eu aquí só son capaz de amala.
Advertisements

2 reflexións sobre “Recital poético en Vigo

  1. Tas coma unha cabraaaaaaaaaaaaa1 JAJAJJAJ, pero confeso que me encantaaaaaaaaa e corassón meu eu tamén te QUEROOOOO fagámplo público os dous, rediola…Que sorpresa máis sorprendente ehhh virás a Vigo ? túa terra natal mi maaaa que vergoña

    • Bueeno… estarei… pero bendita tolemia, bendita tolemia, penso eu…
      Espero estar alí, si, espero estar se todo vai en orde. E se non estou físicamente, sei que de algún xeito alí tamén estarei.
      E será un éxito. Non teño dúbidas. Será un éxito. O voso éxito.

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s