Retratos da miña xente [V]: Porcelana e ferro

Feliz. Vivías feliz. Recuperada da dor sufrida, olvidando os danos pasados e loitando polo futuro que ben mereces. O tempo, os días, pasaban, e disfrutabas da vida porque durante case que un ano viviches como a saúde nun día, nun instante, sen máis, escapa.

Entón, como unha treboada con ventos do norte, chegou a nova. A mala nova. Ninguén a esperaba e ninguén a quería. E cando oiches ao demo das seis letras na consulta de aquel cirurxián o mundo caeu ao teu derredor como caen os naipes dun castelo mal encaixado.

Si, derrubácheste. Choraches. Lamentácheste. Maldeciches. Preguntaches. Negaches. Caeches. Caeches. Caeches…

E chegou o día no que e volveches entrar nun quirófano e dende a habitación do hospital baixaches coa serenidade asombrosa coa que enfrontas todos estes avatares da vida. E regresaches á habitación aínda máis serea, cunha faciana de paz que poucas veces vira en niguén. E aínda outra vez tiveches que baixar a el. E as dúas veces pasaches os días seguintes recuperándote paseniña para pechar despacio as novas cicatrices no teu corpo maltratado por unha natureza sabia, pero cruel.

Pasaron máis meses e, entre viaxes, ceas e vodas, pendente dun almanaque aínda por decidir, esperabas ao momento no que que fixeron de ti un pandeiro, cada tres semanas e durante seis meses, bolsas cheas de tanta medicina sanatoria como asasina.

Hoxe, pasados aínda máis meses, xa estas cerca de falar en pasado, co futuro e toda a saúde, de novo, por diante, espida outra vez de tanto e apenas arroupada por ese branco gorro de manga corta. Hoxe vexo a túa faciana rosada de porcelana e sei que tanta fraxilidade na pel retorna en forza no interior, en dureza no espírito, en ferro na alma.

E mañá, nunha semana, nun mes, nun tempo, todo isto será pasado. Porque fuches feita de porcelana e ferro.

Advertisements

2 reflexións sobre “Retratos da miña xente [V]: Porcelana e ferro

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s